A Gazeta
Para visionar a revista, necesita o último Flash player.
Con tan só 21 aniños, Antonio Cortés Montesinos, Gordillo, recala no Burela FS procedente do Laguna Playas de Salou. O ala barcelonés pode presumir de entrar no fútbol sala pola porta grande; aínda en idade xuvenil, en 2004-05, as súas botas puideron pisar as pistas de Honra grazas ao Marfil Santa Coloma, equipo no que tamén militou outras dúas temporadas en Prata. |
|
|
O programa de acción solidaria do Burela FS Pescados Rubén continúa sendo, un ano máis, unha prioridade na implicación social do club. Desta forma, ademais de colaborar con diferentes asociacións da comarca, a axuda da entidade laranxa consegue traspasar fronteiras e mesmo cruzar océanos. |
|
|
O Burela FS Pescados Rubén presentou a roupa de tempada que vestirán tanto xogadores coma corpo técnico e directivo nos eventos oficiais. A firma burelá de moda, calzado e complementos Brianda que dirixe Soco Veiga encárgase, un ano máis, de vestir a entidade laranxa. |
|
|
O instituto burelao Monte Castelo amplía este ano a súa oferta formativa para adultos coas Aulas Mentor, unha novidosa iniciativa promovida polo Ministerio de Educación en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Desta forma, o centro mariñán convértese no cuarto da provincia de Lugo en contar con este tipo de cursos a distancia, que compaxinan as ensinanzas telemáticas cun apoio personalizado no centro de matriculación. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|